Fios do querer

Cé Orquestra Pantasma presenta un tenro espectáculo musical para a primeira infancia, con voz cercana, o ukelele e outros elementos que engaiolan dende o comezo.

Emocións que soan

Baseado no libro disco Fíos do querer, Cé orquestra pantasma, ofrece desta volta un formato musical agarimoso apto para a sensibilidade da primeira infancia. O emprego da voz e actitude de confianza, o suave e rítmico acompañamento do ukelele, o seu trebello sonoro para as costas e as misteriosas árbores de axóuxeres que acompañan estética e harmoniosamente, conseguen namorar a miúdas e grandes dende o comezo do espectáculo.

Especificacións

  • Elenco: César Freiría
  • Nome do espectáculo: Fíos do querer
  • Modalidade artística: Música ao vivo/ exploración sonora
  • Público: Escolar 0-3/ familiar 0-5
  • Idioma: Galego
  • Duración: 45 min
ce orquestra pantasma imagen

Queres a maxia de Cé orquestra no teu evento?

Se queres que faga do teu evento unha experiencia inesquecible, non dubides en contactar. Estarei encantado de ser parte da túa festa e facela única.

Coñece máis espectáculos de Cé Orquestra Pantasma

En cada unha das miñas propostas, vas vivir momentos cheos de música, emoción e enerxía. 
¡Perfectos para gozar en calquera ocasión!