Animalada
Animalada é un espectáculo festeiro e participativo onde a música e as diferentes historias de animais convidan a cantar, bailar e rir sen parar.
Animais con ritmo
Animalada é un espectáculo para xogar, cantar e bailar ao ritmo da música de Cé orquestra e ao son de historias de animais que pasaron xa fai tempo, contadas un bo día por unha vella máis un vello. Xan de Outeiro e a súa granxa chea de animais, piollos, pulgas, serpes, lobos entre outros, son os protagonistas deste espectáculo festeiro, dinámico e participativo.
Especificacións

Queres a maxia de Cé orquestra no teu evento?
Se queres que faga do teu evento unha experiencia inesquecible, non dubides en contactar. Estarei encantado de ser parte da túa festa e facela única.
Coñece máis espectáculos de Cé Orquestra Pantasma
En cada unha das miñas propostas, vas vivir momentos cheos de música, emoción e enerxía.
¡Perfectos para gozar en calquera ocasión!
















