A Voar

Unha experiencia máxica para nenas e nenos a partires dos 3 anos. Acompaña a Xoana na súa viaxe de descubrimento ao ritmo de Cé orquestra pantasma.

A Viaxe de Xoana

Xoana é unha pequena xoaniña que soña con voar. Impulsada pola curiosidade, embárcase nunha aventura chea de aprendizaxes, desafíos e descubrimentos. Neste espectáculo baseado no libro disco A Voar, a través da narración e ao son do enerxético ritmo de Cé orquestra, as nenas e nenos exploran o valor da confianza en si mesmos, a emoción de atreverse ao descoñecido e a importancia do xogo e a liberdade.

Especificacións

  • Elenco: César Freiría
  • Nome do espectáculo: A Voar
  • Modalidade artística: Música ao vivo
  • Público: Escolar/familiar
  • Idioma: Galego
  • Duración: 50/60 min
ce orquestra pantasma imagen

Queres a maxia de Cé orquestra no teu evento?

Se queres que faga do teu evento unha experiencia inesquecible, non dubides en contactar. Estarei encantado de ser parte da túa festa e facela única.

Coñece máis espectáculos de Cé Orquestra Pantasma

En cada unha das miñas propostas, vas vivir momentos cheos de música, emoción e enerxía. 
¡Perfectos para gozar en calquera ocasión!