Aviso legal

LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO


En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servicios de la Sociedad de la Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:
Que o dominio https://ceorquestra.gal/gl/ a partir de agora sitio web está rexistrado a nome de César Freiría Prado con domicilio social en Camiño Pinguela,2 – Freixo , 36315 – Vigo (Pontevedra) ou mediante correo electrónico a [email protected].


CONDICIÓNS DE USO


I.- USUARIOS/AS
O acceso a e/ou uso do sitio web de https://ceorquestra.gal/gl/, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así coma as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.


II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS.
O/A usuario/a comprométese a empregar o sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, de boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Así mesmo, queda prohibido, o uso da Web con fins ilícitos ou lesivos contra o TITULAR ou calquera terceiro/a, ou que, de calquera xeito, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio Web.
Respecto aos seus contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.) prohíbese:
A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.
Calquera vulneración dos dereitos do TITILAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.
O seu emprego para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
Calquera intento de obter os contidos do sitio Web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/as usuarios/asa así coma dos que habitualmente se empreguen na rede sempre que non causen prexuízo algún ao sitio web.


III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así coma modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio Web.


IV.- HIPERENLACES
O establecemento de calquera “hiperenlace” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:
Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo do establecemento, denominación, logotipo, eslogan e outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR.
Baixo ningunha circunstancia, o TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web dende a que se realice o “hiperenlace” nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.


V. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran traer causa de:
A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou seus servizos ou contidos.
A falta de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, poro parte dos/as usuarios/as, dos contidos.
O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou ao orde público, do sitio Web, os seus servizos ou contidos por parte dos usuarios.
A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/as usuarios/as no sitio Web.
O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do sitio Web.


VI. DURACIÓN
A duración da prestación do servizo do sitio Web e dos servizos é de carácter indefinido. Se prexuízo do anterior, o TITULAR resérvase o dereito para interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que a integren, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.


VII. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española. <César Freiría Prado e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puideran suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No suposto de que o Usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, César Freiría Prado e o Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidera corresponder, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Vigo.