Creasóns Obradoiro
Cé Orquestra Pantasma convida a crear artefactos sonoros con materiais naturais e de refugallo, potenciando a inventiva para encher a vida de música e vibración.
Creación e son
Cé orquestra pantasma, como creador de trebellos musicais, propón agora que outros tamén constrúan os seus propios artefactos sonoros. Dende a libre creación ata propostas concretas, con materiais da natureza ou refugallo, con ferramenta de verdade e a partir da capacidade inventiva e manipuladora de cada quen, crearemos sonoridades diversas para encher as nosas vidas da música que precisamos para vibrar e sentirmos vivos.
Especificacións

Queres a maxia de Cé orquestra no teu evento?
Se queres que faga do teu evento unha experiencia inesquecible, non dubides en contactar. Estarei encantado de ser parte da túa festa e facela única.
Coñece máis espectáculos de Cé Orquestra Pantasma
En cada unha das miñas propostas, vas vivir momentos cheos de música, emoción e enerxía.
¡Perfectos para gozar en calquera ocasión!
















