Home festa
Cé Orquestra é o “Home Festa” que reparte doses festivas para curar emocións e encher romarías, verbenas e festivais con alegría, ritmo e moita enerxía.
Doses de festa
Coma o boticario repartindo preparados para a mellora corporal, Cé orquestra reparte doses festeiras para a prevención e curación emocional. Rexoubas, troulas, esmorgas, caralladas, algueiradas, ruadas…son algunhas das súas especialiades. Da igual que sexan romarías, festivais, verbenas…o “Home Festa” enche moito máis do que ocupa, como as mellores esencias, que veñen en frascos pequenos.
Especificacións

Queres a maxia de Cé orquestra no teu evento?
Se queres que faga do teu evento unha experiencia inesquecible, non dubides en contactar. Estarei encantado de ser parte da túa festa e facela única.
Coñece máis espectáculos de Cé Orquestra Pantasma
En cada unha das miñas propostas, vas vivir momentos cheos de música, emoción e enerxía.
¡Perfectos para gozar en calquera ocasión!
















