O Desencantamento
Un conto musical cheo de maxia e emocións, onde a voz de Judit Santos e a música de Cé Orquestra Pantasma lévannos pola historia de Bibiana e Brais, unha aventura de valor e decisión que enfeitiza dende o inicio ata o fin.
Valor e maxia
O Desencantamento é un conto musical narrado pola engaiolante voz de Judit Santos e acompañado musicalmente na ambientación por Cé orquestra pantasma e os seus máxicos trebellos sonoros. “Unha historia de Valor e decisión” son as verbas que serven para definir o libro conto O Desencantamento, baseado na tradición oral escrito por Rafa Quintía e editado por Miudiño e Ab Origine. A moura Bibiana e o neno Brais, son os protagonistas desta historia que nos enfeitizará dende o comezo ate o fin
Especificacións

Queres a maxia de Cé orquestra no teu evento?
Se queres que faga do teu evento unha experiencia inesquecible, non dubides en contactar. Estarei encantado de ser parte da túa festa e facela única.
Coñece máis espectáculos de Cé Orquestra Pantasma
En cada unha das miñas propostas, vas vivir momentos cheos de música, emoción e enerxía.
¡Perfectos para gozar en calquera ocasión!
















