O Fastudo
O Fastudo mestura música, xogo e creación nun espectáculo participativo cheo de ritmo e diversión. Canta, baila e crea nun mundo de maxia e liberdade para todas as idades.
Fastudos en acción
Os Fastudos son seres habilidosos e argalleiros, dise que con atrevemento para facer de case todo. Cé orquestra convértese nun Fastudo cando se lle ocorre mesturar todo o seu ser: O Xogueteiro, o construtor e o musical. Nesta proposta conflúen música festeira, un espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais e o obradoiro de artefactos sonoros Creasóns. O Fastudo convídate a cantar, bailar, crear e brincar. Convídate a vir para te deixar ir.
Especificacións

Queres a maxia de Cé orquestra no teu evento?
Se queres que faga do teu evento unha experiencia inesquecible, non dubides en contactar. Estarei encantado de ser parte da túa festa e facela única.
Coñece máis espectáculos de Cé Orquestra Pantasma
En cada unha das miñas propostas, vas vivir momentos cheos de música, emoción e enerxía.
¡Perfectos para gozar en calquera ocasión!
















