O Xogueteiro

Un espectáculo cheo de maxia onde Cé Orquestra Pantasma convértese nun xogueteiro que nos guía, entre música e baile, ao mundo dos xogos tradicionais.

O Xogueteiro (música + xogos)

Desta volta Cé Orquestra Pantasma da un paso máis aló na súa personaxe, meténdose na pel dun mestre xogueteiro, que entre rimas, música e baile iranos engaiolando cara marabilloso mundo dos xogos e xoguetes Miudiños. Conservando a alta participación que caracteriza os seus espectáculos, no Xogueteiro combínase un primeiro momento de música e baile seguido dun xenial espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais. Pequenos e maiores compartirán momentos máxicos, bailando, xogando…gozando.

Especificacións

  • Elenco: César Freiría
  • Nome do espectáculo: O Xogueteiro
  • Modalidade artística: Música ao vivo + xogos
  • Público: escolar / familiar
  • Idioma: Galego
  • Duración: 120 min
ce orquestra pantasma imagen

Queres a maxia de Cé orquestra no teu evento?

Se queres que faga do teu evento unha experiencia inesquecible, non dubides en contactar. Estarei encantado de ser parte da túa festa e facela única.

Coñece máis espectáculos de Cé Orquestra Pantasma

En cada unha das miñas propostas, vas vivir momentos cheos de música, emoción e enerxía. 
¡Perfectos para gozar en calquera ocasión!