Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos eventos

Celanova. Romaría Raigame en Vilanova dos Infantes

17, Maio, 2025 - 8:00 a.m.

Cartel-XXII-Romaria-Raigame-2025

A Romaría Etnográfica Raigame chega a unha nova edición nun ano 2025 no que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o día das Letras Galegas á literatura popular oral transmitida a través das Cantareias, personificadas nas figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica), unha representación colectiva, como xa fixera no ano 1998. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre, tal como podemos ler na web da RAG. A Romaría Etnográfica Raigame súmase a esta celebración, para o que deseñou unha programación na que as cantareiras e a poesía popoular teñen un papel destacado: actuacións e exhibicións, exposicións, documentais, etc., e que terá como momento álxido a entrega do Premio Adolfo Enríquez ás Cantareiras da nosa provincia, represenadas polas mulleres das aldeas dos concellos de Avión e Beariz. As representacións dos oficios tradicionais terán nesta edición un peso importante coa organización de numerosos obradoiros e demostracións didácticas coa intención de transmitir o seu coñecemento e traballo aos asistentes. Baile, música, artesanía, teatro, gastronomía, exposicións, xogos, espectáculos de rúa, contacontos, e moitas outras actividades nunha xornada lúdico-cultural para celebrar o día das Letras Galegas coa divulgación, transmisión e conservación da nosa lingua como obxectivo primordial.

Detalles

Protagonista

Recinto

Privacy Overview
logo de ce orquesstra pantasma

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

Analytics

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.