O Home orquestra

Son o home orquestra e coa miña música en vivo canto e  toco varios instrumentos ao mesmo tempo, creando un espectáculo único e cheo de enerxía que te fará vivir unha exeperiencia inesquecible.

ce orquestra pantasma conciertos en galicia

A historia do Home Orquestra

Baixo o nome “Cé Orquestra Pantasma” agóchase o veciño do barrio vigués de Freixo,  César Freiria. Músico autodidacta,  apaixonado dos instrumentos musicais, convertido a mestre de música na súa madurez e carpinteiro de profesión

Comezou a súa andaina aos oito anos dentro da música tradicional da man do mestre Moxenas e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou a banda de punk Oxtiax Ke Te Pariu.

Dende comezos do verán de 2008  leva percorrendo o máis variado do panorama festeiro Galego e Portugués  levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas a un amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Un percorrido cheo de música e emocións

Cada espectáculo está guiado pola ledicia, a creatividade e a conexión co público. Busco que cada presentación sexa cercana, única e participativa, onde a música, o humor e a emoción se mesturen para crear momentos especiais para tódalas idades

dardo

Visión

Converter cada show nun evento único e irrepetible, aproveitando a enerxía do público para reinventar cada presentación.

avion

Misión

Crear espectáculos en vivo onde a música e a interacción co público sexan o centro da experiencia, fomentando a cercanía e a participación activa de todos e todas.

rompecabeza

Valores

Cercanía: A conexión co público é clave para cada espectáculo.
Interacción: Cada proposta é un xogo no que todos e todas participamos. 
Creatividade: Ainda que os espectáculos teñan unha estrutura, sempre hai espazo para a improvisación e a sorpresa.

Festa, ledicia e diversión para tódolos sentidos

Ofrezo unha variadade de espectáculos interactivos que gustan a miúdas e maiores. Cada festa é unha experiencia única chea de música, xogo e diversiòn

Concertos participativos

Música en vivo onde a xuntanza do público crea unha experiencia única e activa.

Obradoiros de artefactos sonoros

Explora e crea instrumentos, estimulando a creatividade e descubrindo sons.

Brinquedos tradicionais

Diversión asegurada para pequenas e maiores cos meus xogos tradicionais

ce orquestra pantasma imagen

Próximos eventos

Descubre as próximas festas cheas de música e diversión para toda a familia e veciñanza.
Non perdas a oportunidade de vivir unha experiencia única.

Fai clic aquí para ver tódolos eventos!